Saltar al contenido

Contorna e recursos

Para persoas aventureiras…

A contorna é un paraíso para quen busca explorar:

  • Sendeiros que conducen a fervenzas agochadas.
  • Covas fascinantes e antigas.
  • Miradoiros naturais que che roubarán o alento.

Tamén podes practicar actividades de aventura, como o barranquismo, con empresas locais que coidan o medio e garantizan a seguridade.

Para quen busca calma…

Se prefires relaxarte, este é o lugar ideal para desconectar do ruído e reconectar coa natureza. Podes:

  • Pasear sen présa entre carballeiras e soutos.
  • Descubrir pequenas aldeas con moita alma.
  • Saborear a gastronomía rural, con pratos tradicionais, sabor intenso e racións “coma na casa”.
  • Excursións escolares de día ou medio día, ideais para descubrir os segredos xeolóxicos, naturais e culturais do Courel de forma divertida e participativa.
  • Mini-campamentos con pernoita, para quen queira ir máis alá e vivir a experiencia única de durmir baixo as estrelas, nas tendas de campaña montadas polo propio grupo. Un xeito diferente de aprender e convivir, que promove a autonomía, a amizade e o contacto directo coa natureza.