Saltar al contenido

O Xeocámping

O corazón social do cámping. Un espazo acolledor con mesas para xantar, sofás confortables e unha pequena biblioteca e ludoteca de acceso libre. Tamén tes á túa disposición microondas e neveira compartida.

A poucos metros dunha fermosa praia fluvial, pero sen saír do cámping, podes refrescarte nas nosas piscinas. Perfectas para un chapuzón mentres tomas o sol ou ves xogar aos máis pequenos.

Un recuncho pensado para a diversión das crianzas. Cunha colección de bambáns e xogos sinxelos, é o lugar ideal para que se entreteñan mentres a familia se relaxa na piscina ou na sala común.

Contamos con tres zonas de asadores para que poidas preparar o teu churrasco ao aire libre. E se esqueces traer carbón, non te preocupes: nós facilitámoscho. Só tes que traer as ganas de desfrutar!

Un espazo limpo e funcional con duchas, lavabos e todos os servizos hixiénicos necesarios para as persoas aloxadas nas parcelas. Pensado para garantir a túa comodidade en todo momento!

Un amplo espazo natural onde as crianzas poden correr, xogar e explorar con liberdade, sen interromper o descanso das persoas adultas. Aquí, cada quen atopa o seu lugar.

A piscina permanecerá pechada ata a vindeira tempada. Agardamos que na túa próxima visita poidas gozar dela!

Visita o CIMAR

No propio recinto do cámping atoparás o CIMAR —Centro de Interpretación da Minería Aurífera Romana—, unha xanela á historia, á natureza e ao patrimonio que nos rodea.

Poderás achegarte a el comodamente dende o teu bungaló, mesmo en zapatillas e co café do almorzo na man. Un plan perfecto para quen ten curiosidade por saber máis sen renunciar ao descanso. Nunca foi tan fácil mergullarse na historia dunha paisaxe única!