
Política de Cookies
POLÍTICA DE COOKIES
En AVENTEIRA S. COOP. GALEGA utilizamos as cookies ou outros arquivos de funcionalidade similar (en diante, “cookies”) para prestarlle un mellor servizo e proporcionarlle unha mellor experiencia de navegación. AVENTEIRA S. COOP. GALEGA é responsable das cookies e do tratamento dos datos obtidos a través destas, xa sexan propias ou de terceiros, decidindo sobre a finalidade, contido e uso do tratamento da información solicitada.
O obxectivo desta política é informarlle de maneira clara e detallada de que é unha cookie, cal é a súa finalidade, que tipo de cookies utilizamos e como configuralas ou, no seu caso, deshabilitalas.
1/ QUE SON AS COOKIES?
Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu computador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre hábitos de navegación dun usuario ou un equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma que utilice o seu equipo, poden utilizarse para coñecer ao usuario.
Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que se almacena no seu navegador cando visita a nosa páxina web e que garda información sobre a navegación que realiza para facer máis eficiente a experiencia de usuario. Algunhas cookies resultan esenciais para o bo funcionamento das páxinas web, como é o caso das cookies técnicas ou de personalización da interface de usuario, aínda que outras, como as cookies de análise ou as de publicidade comportamental, requiren que lle informemos e solicitar o consentimento sobre o seu uso.
A continuación, e co obxectivo de que poida prestar un consentimento plenamente informado, detallámoslle a información de en que consiste e cal é a finalidade de cada tipo de cookie
As cookies técnicas son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan, incluíndo a xestión e operativa da páxina web e habilitar as súas funcións e servizos, como, por exemplo, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, lembrar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, xestionar o pago, etc. A páxina web non pode funcionar adecuadamente sen estas cookies, polo que se consideran necesarias.
As cookies de preferencias ou personalización permiten á páxina web lembrar información que cambia a forma en que a páxina se comporta ou o aspecto que ten de modo que o usuario acceda ao servizo con determinadas características que poden diferenciar a súa experiencia da doutros usuarios, como, por exemplo, o idioma, o número de resultados a mostrar cando o usuario realiza unha procura ou a rexión na que o usuario se atopa. Se é o propio usuario quen elixe esas características, por exemplo, marcando a bandeira do idioma, considérase un servizo expresamente solicitado a condición de que as cookies obedezan exclusivamente á finalidade seleccionada de personalización.
As cookies de análise ou medición son aquelas que permiten comprender como interactúan os visitantes coas páxinas web e así realizar a análise estatística do uso que fan os usuarios da web dos servizos prestados. A información recollida utilízase na medición da actividade dos sitios web ou aplicación co fin de introducir melloras nos produtos e servizos ofrecidos polo responsable.
As cookies de marketing ou publicidade comportamental almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o que permite desenvolver un perfil específico para mostrar anuncios relevantes e atractivos para o usuario individual, e por tanto, máis valiosos para os terceiros anunciantes.
2/ PARA QUE UTILIZA AS COOKIES ESTA PÁXINA WEB E CALES SON?
O detalle das cookies utilizadas nesta páxina web é o seguinte:
| COOKIE | TIPO | PROPÓSITO |
| Google Analytics | De terceiros | Recoller información sobre a navegación dos usuarios polo sitio, co fin de coñecer a orixe das visitas e outros datos similares a nivel estatístico. Non obtén datos dos nomes ou apelidos dos usuarios nin da dirección postal concreta desde onde se conectan. |
| Facebook Connect | De terceiros | O plugin social de Facebook é unha ferramenta que o usuario pode utilizar para compartir información cos seus contactos na rede social Facebook. |
| Facebook Custom Audience | De terceiros | O plugin social de Facebook é unha ferramenta que o usuario pode utilizar para compartir información cos seus contactos na rede social Facebook. |
| Google Tag Manager | De terceiros | Analítica das visitas en tempo real da páxina web. Utilízase para monitorear o comportamento do usuario e rexistrar as páxinas que visualizan. |
Para as cookies de análise e de publicidade necesitamos o seu consentimento que poderemos obter se pulsa no botón “Acepto” na mensaxe de información que se mostra ao acceder á nosa páxina web.
Se desactiva as cookies, poderá seguir accedendo á web, pero é posible que a navegación por esta non sexa óptima e algún dos servizos ofrecidos non funcionen correctamente.
Se nun futuro AVENTEIRA S. COOP. GALEGA chegase a utilizar tipos de cookies diferentes ás contempladas nesta Política de Cookies para prestar novos servizos ou fose necesario adaptala a novas esixencias lexislativas, notificarémosllo.
3/ COMO PODO DESACTIVAR OU ELIMINAR AS COOKIES?
Teña en conta que, se acepta as cookies de terceiros, deberá eliminalas desde as opcións do navegador ou desde o sistema ofrecido polo propio terceiro. Pode vostede permitir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no seu computador.
- Microsoft Internet Explorer: Menú Ferramentas > Opcións da Internet > Privacidade > Configuración.
- Firefox: Menú Ferramentas > Opcións > Privacidade > Cookies.
- Chrome: Menú Opcións > Opcións avanzadas > Privacidade.
- Safari: Menú Preferencias/Privacidade.
- Safari para IOS (iPhone e iPad): Opción Axustes > Safari.
- Chrome para Android: Configuración > Configuración de sitios web > Cookies.
- Outros navegadores: Consulte a documentación do navegador que teña instalado.
4/ TRANSFERENCIAS DE DATOS A TERCEIROS PAÍSES
Podes informarte das transferencias a terceiros países que, no seu caso, realizan os terceiros identificados nesta Política de Cookies, nos seus correspondentes apartados de políticas (ver as ligazóns facilitadas no apartado “Cookies de terceiros”).
5/ ELABORACIÓN DE PERFÍS
Non se elaborará ningún tipo de “perfil” en base á información facilitada nin se tomarán decisións automatizadas en base a perfís.
6/ PERÍODO DE CONSERVACIÓN DOS DATOS
Os datos obtidos a través das cookies conservaranse por un período máximo de 24 meses, tras o devandito período volveremos solicitar o seu consentimento.
7/ DEREITOS DOS INTERESADOS
Vostede poderá obter máis información sobre o tratamento de datos de carácter persoal e de como exercer os seus dereitos consultado a nosa Política de Privacidade.