
Aloxamentos
Bungalós
Os nosos bungalós, construídos a partir de contedores marítimos reciclados, son unha alternativa moderna, ecolóxica e acolledora. Unen deseño funcional coa calidez dun fogar, nun espazo pensado para vivir en harmonía coa natureza sen renunciar ao confort.
Cada bungaló leva o nome dun lugar emblemático do Xeoparque Montañas do Courel e está concibido para que te sintas en conexión coa contorna desde o primeiro momento.
Contamos con 7 bungalós climatizados de 29 m² e capacidade para 4 persoas, equipados con:
- Dúas habitacións, cun total de catro prazas.
- Salón-comedor con cociña, equipada con placa de indución, neveira, microondas e enxoval básico.
- Cuarto de baño privado.
- Roupa de cama e toallas.
- Praza de aparcamento.







Acampada
Se es das persoas que gozan do campismo máis tradicional, temos o lugar perfecto para ti. As nosas parcelas están pensadas para que poidas instalar a túa tenda ou aparcar a túa caravana con total tranquilidade, rodeado de natureza e co canto dos paxaros como despertador.
Contamos con 8 parcelas amplas, con capacidade de entre 3 e 6 prazas. Todas permiten a entrada de vehículos no seu interior, para maior comodidade no momento de instalarse e durante a túa estancia. Ademais, dispoñemos dunha zona de acampada libre, pensada para aquelas persoas que viaxan sen vehículo. Neste espazo non é necesario facer reserva previa: só chega, monta a túa tenda e desfruta.
A túa estancia inclúe o acceso a:
- Edificio de servizos comúns, con baños e duchas individuais.
- Zona de lavandería.
- Tomas de corrente para cargar dispositivos electrónicos.
- Zona común, con microondas e neveira compartida á túa disposición.
As prazas de autocaravana tamén dispoñen de acceso directo á luz e auga, así como a un punto de baleirado de augas.
Aquí, a liberdade da acampada combínase coas comodidades que fan a experiencia máis agradable. Ven durmir baixo as estrelas, sen renunciar ao benestar!



Todas as modalidades de aloxamento inclúen o acceso á piscina (en tempada), parque infantil, zona de barbacoas, sala común e comedor cuberto.
A piscina permanecerá pechada ata a vindeira tempada. Agardamos que na túa próxima visita poidas gozar dela!
Queremos que poidas desfrutar ao máximo da experiencia, xa sexa en familia, en grupo ou nunha escapada tranquila.