Saltar al contenido

Sobre nós

Sede benvidas e benvidos ao Xeocámping, un lugar onde a natureza e a sustentabilidade se dan a man para ofrecerche unha experiencia auténtica e inesquecible.

Situado no corazón do Xeoparque Montañas do Courel —o único recoñecido pola UNESCO en Galicia—, este espazo é ideal para desconectar, recargar enerxías e mergullarte na beleza salvaxe dun dos recunchos máis máxicos do territorio.

Descubre unha nova maneira de vivir a natureza. Aquí, aventura e tranquilidade conviven en harmonía nun ambiente coidado, acolledor e comprometido co futuro do planeta. Estamos agardando por ti!

Aventeira S. Coop. Galega

Esta instalación é de titularidade municipal e xestionada por Aventeira S. Coop. Galega, unha cooperativa sen ánimo de lucro especializada no eido da Educación Non Formal. Traballamos baixo os principios da economía social, coa finalidade de contribuír á transformación do mundo nun lugar máis xusto, sostible e igualitario. Ao elixir os nosos servizos, ti tamén formas parte deste cambio. Grazas por sumarte!